Saltar ao contido principal

Publicacións

Semana 15-20 xuño: Breakouts

Publicacións recentes

Semana do 8-12 de xuño

Moi bo día a todos e a todas! Esta semana deberedes realizar unhas actividades de repaso para preparar unha festa de fin de curso. Teredes unhas preguntas referidas ao cartel da celebración, o plano onde atoparedes todos os servizos ofertados e dous problemas matemáticos relacionados coa temática. É moi importante que cada alumno ou alumna entre na carpeta do Drive que corresponda co curso ao que pertence ; xa que os documentos son distintos. Para os alumnos e alumnas de  3º : preme na seguinte ligazón para realizar as actividades ( https://drive.google.com/drive/folders/1fZsIkKjw-g5QKU3ujk_M2EU_pGctdRdH ). Recorda que non fai falla que imprimas o documento, con escribir os resultados nunha folla é suficiente.    Para os nenos e nenas de  4º : preme na seguinte ligazón para realizar as actividades ( https://drive.google.com/drive/folders/107kVkik48IJ1gM7zd_KZlfytJDes1DxI ). Recorda que non fai falla que imprimas o documento, con escribir os resultados nunha folla é suficiente.   Para o

Semana 1-5 Junio |

Bos días de novo! Unha semana máis que xa pasou. Ánimo que xa non queda nada... último empurrón!  Esta semana organizaremos as tarefas de maneira diferente á semana anterior. Prestade atención ás indicacións.   Para os alumnos e alumnas de  3º :   Historia dun ourizo : Preme nesta ligazón ( https://www.youtube.com/watch?v=OEbISlnby9Y ) e visualiza o vídeo. Unha vez feito, imaxina que es o animaliño e cóntanos a túa historia: como foi o teu primeiro día na escola, como te sentías, como te trataban os teus amigos, que facías para sentirte mellor, etc. Podes facelo gravando un vídeo, escribíndoo nun papel, enviando un correo electrónico ao meu enderezo... tes total liberdade, elixe o que máis che guste ou a forma en que te sintas mellor!  Problemas matemáticos para non perder o voso marabilloso cálculo: Resolve os seguintes problemas que aparecen na imaxe do  mostro . Só precisas un lapis, papel e a túa cabeciña funcionando (non fai falla que imprimades a imaxe). Moito ánimo!             

Semana 25-29 | 3º, 4º, 5º e 6º

Bo día nenos e nenas! Esta semana tendes tarefas de Matemáticas diferentes e unha de Lingua Castelá en común. Cada tarefa estará dentro dunha carpeta co curso ao que pertencedes. No caso de que sexades alumnado de 3º teredes que premer na carpeta que poñe “Carpeta 3º”, os de 4º na “Carpeta 4º”, os de 5º na “Carpeta 5º” e os de 6º na “Carpeta 6º”. Esta é a canción "Aves enjauladas" de Rozalén que precisados todos e todas para as cosas tarefas: Aves enjauladas - Rozalén Para os alumnos e alumnas de  3º : -      Un documento con problemas matemáticos. - Unha comprensión auditiva titulada “Aves enjauladas. Rozalen”. Teredes que escoitar a canción e completala coas palabras que faltan. Non fai falla que imprimades a ficha, podedes escribilas nunha libreta ou folio que teñades na casa. Tarefas 3º- Semana 25-29 (Preme aquí) Para os nenos e nenas de  4º : -     Unha ficha de rectas e ángulos para reforzar os contidos que aprendíchedes coas vosas titoras. -     Un xogo matemático. -  

Semana 18-22: Breakout / Ímonos de viaxe

Bos día a todos e a todas!  Xa estou de novo por aquí. Que tal coas tarefas da semana pasada? Divertíchedes un bo rato non si? Pois esta semana non ía ser menos! Imos diferenciar as tarefas por cursos como a semana pasada. Os de  3º  e  4º  faredes una actividade distinta aos nenos e nenas de 5º e 6º  e como eles tiveron  breakout  e vós non, desta volta tócavos a vosoutros. Para facelo tan só tedes que premer no enlace que deixo na parte inferior da publicación e ir seguindo a vosa intuición. Para pasar dunhas diapositivas a outras teredes que premer nalgunha parte da presentación (aí está o truco).  Se precisades axuda dun adulto poderedes pedila e se precisades que resolva algunha dúbida ou falar comigo sigo atenta ao correo ( reforzate.torreilla@gmail.com ). Se cometedes algún erro, volveredes ao comezo do xogo. Ide despaciño e conseguiredes chegar ao final sen ningún tipo de problema!  Preme no enlace de aquí debaixo   ↴ Breakout 3º e 4º - A vitrina máxica (Pr

Semana 11-15: Breakout - Las aventuras de Hogwarts

Bo día nenos e nenas!  Como van eses paseos? Seguro que estades aproveitando o tempo ao máximo. Eu sigo pensando en vós e a forma en que podo entretervos... estou segura de que estaredes contentísimos coas tarefas desta semana.  Desta vez teredes tarefas diferenciadas por cursos. Os nenos e nenas de 5º e 6º faredes unha actividade distinta aos alumnos e alumnas de 3º e 4º. Imos alá!  O alumnado de 5º e 6º teredes una tarefa moi distinta ata o de agora, un breakout ! Pero non só é iso... o tema vai gustarvos moito. Xa me estou a imaxinar a cara de algúns e algunhas ao abrilo 🤩. Para facelo tan so tedes que premer no enlace que deixo na parte inferior  e ir seguindo a vosa intuición. Para pasar dunhas diapositivas a outras teredes que premer nalgunha parte da presentación (aí está o truco).  Se precisades axuda dun adulto poderedes pedila e se precisades que resolva algunha dúbida ou falar comigo sigo atenta ao correo ( reforzate.torreilla@gmail.com ). Ide desp

Semana 11-15: Ruleta máxica

Bo día nenos e nenas! Como van eses paseos? Seguro que estades aproveitando o tempo ao máximo. Eu sigo pensando en vós e a forma en que podo entretervos... estou segura de que estaredes contentísimos coas tarefas desta semana. Desta vez teredes tarefas diferenciadas por cursos. Os nenos e nenas de 3º e 4º faredes unha actividade distinta aos alumnos e alumnas de 5º e 6º. Imos por partes: O alumnado de 3º e 4º xogará coa ruleta . Precisaredes un ordenador, unha libreta vella para escribir, un lapis ou boli que se borre e o voso conto favorito. Cando teñades todo listo deberedes pedir ayuda don adulto e premer no seguinte enlace: Preme aquí Descargar o documento ao que vos dirixe, premendo no terceiro icono da parte superior dereita (na foto o verdes marcado cun círculo vermello): Abrir o documento e darlle a "presentación". O botón está na parte inferior dereita (déixovos unha captura de pantalla con outro círculo vermello para que vexades onde