Bos días de novo!
Unha semana máis que xa pasou. Ánimo que xa non queda nada... último empurrón!
Esta semana organizaremos as tarefas de maneira diferente á semana anterior. Prestade atención ás indicacións.
Para os alumnos e alumnas de 3º:
- Historia dun ourizo: Preme nesta ligazón (https://www.youtube.com/watch?v=OEbISlnby9Y) e visualiza o vídeo. Unha vez feito, imaxina que es o animaliño e cóntanos a túa historia: como foi o teu primeiro día na escola, como te sentías, como te trataban os teus amigos, que facías para sentirte mellor, etc. Podes facelo gravando un vídeo, escribíndoo nun papel, enviando un correo electrónico ao meu enderezo... tes total liberdade, elixe o que máis che guste ou a forma en que te sintas mellor!
- Problemas matemáticos para non perder o voso marabilloso cálculo: Resolve os seguintes problemas que aparecen na imaxe do mostro. Só precisas un lapis, papel e a túa cabeciña funcionando (non fai falla que imprimades a imaxe). Moito ánimo!
ACTIVIDADES SEMANAIS 3º: PREME AQUÍ
Para os nenos e nenas de 4º:
- Historia dun ourizo: Preme nesta ligazón (https://www.youtube.com/watch?v=OEbISlnby9Y) e visualiza o vídeo. Unha vez feito, imaxina que es o animaliño e cóntanos a túa historia: como foi o teu primeiro día na escola, como te sentías, como te trataban os teus amigos, que facías para sentirte mellor, etc. Podes facelo gravando un vídeo, escribíndoo nun papel, enviando un correo electrónico ao meu enderezo... tes total liberdade, elixe o que máis che guste ou a forma en que te sintas mellor!
- Unha ficha de Matemáticas: Terás que expresar en forma de fracción as dez imaxes que aparecen. Utiliza un papel e un lapis para resolvelo, non fai falla que imprimades o documento; coa solución chega.
Para o alumnado de 5º e 6º:
- Alike: Preme nesta ligazón (https://vimeo.com/194276412) e visualiza o vídeo. Unha vez feito, preme neste outro link (https://forms.gle/Rza2DzyJ3gDDp7vC9) e contesta as preguntas que aparecen na páxina. Se precisas ver o vídeo máis dunha vez podes facelo pero lembra que só poderás contestar ás preguntas unha vez, así que asegúrate de comprendelo antes de responder.
- Xogos matemáticos online: para seguir practicando os decimais, desta volta imos facelo a través de xogos. Para iso, preme na seguinte ligazón (https://www.mundoprimaria.com/juegoseducativos/juegos-matematicas/decimales-comp-5o-03) e realiza os exercicios que aparecerán tralo anuncio. Cando estea feito, deberás facer o seguinte: (https://www.mundoprimaria.com/juegoseducativos/juegos-matematicas/juego-problemas-numeros-decimales).
Tomádevos o tempo que precisedes para realizar as actividades, non tedes que mandalas no mesmo día. Tan só teredes que facelas antes do luns que ven. Espero os vosos correos (reforzate.torreilla@gmail.com).
Agardo que teñades unha moi boa semana e que desfrutedes do bo tempo.
Moitos folgos!
Comentarios
Publicar un comentario