Saltar ao contido principal

Semana 11-15: Breakout - Las aventuras de Hogwarts

Bo día nenos e nenas! 
Como van eses paseos? Seguro que estades aproveitando o tempo ao máximo. Eu sigo pensando en vós e a forma en que podo entretervos... estou segura de que estaredes contentísimos coas tarefas desta semana. 

Desta vez teredes tarefas diferenciadas por cursos. Os nenos e nenas de 5º e 6º faredes unha actividade distinta aos alumnos e alumnas de 3º e 4º. Imos alá! 

O alumnado de e teredes una tarefa moi distinta ata o de agora, un breakout! Pero non só é iso... o tema vai gustarvos moito. Xa me estou a imaxinar a cara de algúns e algunhas ao abrilo 🤩.





Para facelo tan so tedes que premer no enlace que deixo na parte inferior e ir seguindo a vosa intuición. Para pasar dunhas diapositivas a outras teredes que premer nalgunha parte da presentación (aí está o truco). 

Se precisades axuda dun adulto poderedes pedila e se precisades que resolva algunha dúbida ou falar comigo sigo atenta ao correo (reforzate.torreilla@gmail.com).

Ide despaciño e conseguiredes chegar ao final sen ningún tipo de problema! Coido que pasedes un rato divertido e que teñades unha moi boa semana.

Espero noticias vosas!

Moitos folgos e unha forte aperta.

Preme no enlace de aquí debaixo


Comentarios

Publicar un comentario