Bo día nenos e nenas!
Como van eses paseos? Seguro que estades aproveitando o tempo ao máximo. Eu sigo pensando en vós e a forma en que podo entretervos... estou segura de que estaredes contentísimos coas tarefas desta semana.
Desta vez teredes tarefas diferenciadas por cursos. Os nenos e nenas de 3º e 4º faredes unha actividade distinta aos alumnos e alumnas de 5º e 6º. Imos por partes:
O alumnado de 3º e 4º xogará coa ruleta. Precisaredes un ordenador, unha libreta vella para escribir, un lapis ou boli que se borre e o voso conto favorito. Cando teñades todo listo deberedes pedir ayuda don adulto e premer no seguinte enlace:
Descargar o documento ao que vos dirixe, premendo no terceiro icono da parte superior dereita (na foto o verdes marcado cun círculo vermello):
Abrir o documento e darlle a "presentación". O botón está na parte inferior dereita (déixovos unha captura de pantalla con outro círculo vermello para que vexades onde esta):
Cando a presentación estea posta, teredes que premer en “gira” e volver a premer cando queirades que a ruleta se pare. O triángulo da parte superior marcará o que teredes que facer; hai operacións matemáticas e coñecementos que aprendíchedes en lingua e lengua.
Nas opcións das linguas, teredes que escribir substantivos, adxectivos, verbos, pronomes, oracións, sinónimos e antónimos, describir obxectos ou persoas, ler un conto ou buscar unha fábula na web coa supervisión dos adultos.
Espero que pasedes un rato divertido e que teñades unha moi boa semana. Se redes algunha dúbida ou querelles comentarme algo xa saberes o meu correo (reforzate.torreilla@gmail.com). Espero noticias vosas!
Vémonos pronto.
Moitos bicos!
Comentarios
Publicar un comentario