Moi bo día a todos e a todas!
Xa están aí as esperadas vacacións. Só quedan cinco días e por fin a ansiada tempada de verán... Último empurrón!
Desta vez teredes tarefas diferenciadas por clases. Tod@s teredes breakout (si, breakout de novo) pero os alumnos e alumnas de 3º e 4º teredes un distinto aos de 5º e 6º. Imos alá!
O tema do breakout do alumnado de 5º e 6º é de Harry Potter xa que o anterior tivo moito éxito entre vós. Pero como é o de fin de curso, está moito máis traballado. Agardo que disfrutedes!
Preme no enlace para acceder: Breakout 5º - 6º: Las Aventuras de Hogwarts II
En canto ao breakout de 3º e 4º é preciso que consigades saír do colexio para poder comezar as vacacións de verán. Preme no enlace para acceder: Breakout 3º - 4º: Escápate del CEIP Torre-Illa
Para facelo tan so tedes que premer no enlace correspondente ao voso curso e ir seguindo a vosa intuición. Para pasar dunhas diapositivas a outras teredes que premer nalgunha parte da presentación (aí está o truco).
Se precisades axuda dun adulto poderedes pedila e se precisades que resolva algunha dúbida ou falar comigo sigo atenta ao correo (reforzate.torreilla@gmail.com).
Ide despaciño e conseguiredes chegar ao final sen ningún tipo de problema. Coido que pasedes un rato divertido. Espero noticias vosas!
Unha forte aperta e felices vacacións de verán!
Comentarios
Publicar un comentario