Saltar ao contido principal

Semana 18-22: Breakout / Ímonos de viaxe

Bos día a todos e a todas! 
Xa estou de novo por aquí. Que tal coas tarefas da semana pasada? Divertíchedes un bo rato non si? Pois esta semana non ía ser menos!
Imos diferenciar as tarefas por cursos como a semana pasada. Os de  e  faredes una actividade distinta aos nenos e nenas de 5º e 6º e como eles tiveron breakout e vós non, desta volta tócavos a vosoutros.
Para facelo tan só tedes que premer no enlace que deixo na parte inferior da publicación e ir seguindo a vosa intuición. Para pasar dunhas diapositivas a outras teredes que premer nalgunha parte da presentación (aí está o truco). 
Se precisades axuda dun adulto poderedes pedila e se precisades que resolva algunha dúbida ou falar comigo sigo atenta ao correo (reforzate.torreilla@gmail.com).
Se cometedes algún erro, volveredes ao comezo do xogo. Ide despaciño e conseguiredes chegar ao final sen ningún tipo de problema! 

Imagen que contiene camión, negro, viejo, jugador

Descripción generada automáticamente
Preme no enlace de aquí debaixo 

Os nenos e nenas de e vanse de viaxe a Londres e como a organización leva un tempiño... precisamos facer algúns cálculos antes de voar. Teredes que completar a ficha que vos deixo aquí: Ficha "Ímonos de viaxe" - 5º e 6º ...e poñer en práctica as aprendizaxes que adquiríchedes cos titores e titoras estes días. O menos que aos votos compañeiros e compañeiras, se tendes algunha dúbida escribídeme ao meu correo (reforzate.torreilla@gmail.com).



Vémonos o luns da semana que ven. Coido que teñades unha moi boa semana. Estes días espero noticias vosas!
Moitos folgos e unha forte aperta.

Comentarios