Bo día aos nenos e nenas do Reforza-T!
Que tal foron esas vacacións? Espero que o pasárades moi ben coa familia e que practicáramos moitas receitas. Acórdome moito de vós pero seguro que pronto podemos vernos.
Espero que os retos da semana pasada foran sinxelos e vos fixesen pasar un bo rato. Ao longo desta semana teredes que descifrar outro reto matemático esta vez un chisquiño máis difícil porque estou segura de que o conseguiredes con creces!
Como fai dúas semanas, farei unha distinción entre retos. Cada curso terá o seu. Mais se hai alguén que queira facelos todos ou algún a maiores do seu tan só ten que poñer a cabeciña a pensar un pouco máis!
Reto matemático para os nenos e nenas de 3º:
Reto matemático para os nenos e nenas de 4º:
Reto matemático para os nenos e nenas de 5:
Reto matemático para os nenos e nenas de 6:
Xa sei que desta vez foron un pouco máis complicados pero a por todas! Se precisades algunha pista ou tedes dúbidas con algún, escribídeme ao meu correo (reforzate.torreilla@gmail.com) e contestarei encantada!
Espero noticias vosas.
Moitos bicos




Comentarios
Publicar un comentario