Ola de novo!
Como estades levando o confinamento? Eu sigo traballando desde a casa para todos vós. Que ben ter entretemento para ben parte do día, non creedes?
Esta semana imos mover un pouco a lingua. Como non podemos vernos imos solucionalo facendo de youtubers! Si, si, escoitastes ben, imos facer un vídeo. Xa sei que iso de falar gústavos moito así que espero que non nos defraudedes.
Grávate nun vídeo contándonos, en galego, como se elabora a túa receita máis especial. Di os ingredientes que precisamos, como se elabora, o tempo aproximado necesario e se tes algún segredo para facela única e irrepetible.
Non te esquezas de coidar moito a comunicación verbal e a non verbal! Para iso presta atención a:
- Voz: volume e pronunciación.
- Linguaxe corporal e xestual.
- Vocabulario, coñeces unha morea de palabras!
O tempo mínimo de gravación é de 2 minutos.
Déixovos a miña receita máis especial. Aprendín a facela hai pouco e a miña familia lambetea as culleres cada vez que a fago!
Estou desexando ver os vosos vídeos. Seguro que sodes uns gran chefs! Non esquezades mandalos ao meu correo (reforzate.torreilla@gmail.com).
Vémonos pronto!

Comentarios
Publicar un comentario