Saltar ao contido principal

Semana 23-27: Retos matemáticos na casa (I)

Bo día a todos e a todas!
Como ides? Eu estou preparándovos un montón de cousas para intentar que a vosa corentena sexa o máis doada posible.

Esta semana imos a traballar un pouco coas Mates e a usar a cabeciña que dúas semanas sen Refórza-T seguro que botades en falta os nosos retos e adiviñas. Sí, así é. Imos facer retos matemáticos que nos fagan pensar un anaquiño.

Queredes saber que tedes que facer? Ahí vai!

Reto para os nenos e nenas de 3º:


Tedes que unir as catro cadeas formando unha soa cadea. Non se poden unir utilizando cordas nin pegamentos. Como conseguiredes facer unha pulseira feita coas catro cadeas unidas? Anímovos a que busquedes obxectos que teñades na casa parecidos que vos axuden a resolvelo. Moito ánimo!


Reto para os nenos e nenas de 4º:


Tedes que colocar os números que están na foto: 1, 2, 3, 4,  e 6; nos laterais do triángulo de tal xeito que a suma de todos os lados to triángulo sume 10 sempre (sexa cal sexa o lado que escollas). Anímovos a que collades un papel reciclado e que empecedes a probar combinacións. Moito ánimo!


Reto para os nenos e nenas de 5º:




Chegaron 7 invitados para o teu aniversario. Como divides este pastel en 8 partes iguais con tan só tres cortes? Podes utilizar o coitelo. Anímovos a que empreguedes un papel en sucio para facer as probas que precisedes. Ánimo e a por todas!


Reto para os nenos e nenas de 6º:


Adiviñades que número vai en lugar da “?” tendo en conta todos os números restantes? Observa e compara. Xa verás como probando algunha operación lograr dar co resultado final. Moito ánimo!


Moita forza e ata a semana que ven! 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Día Internacional Da Muller 2020

Semana 4-8: La playa - La Oreja de Van Gogh

Semana 27-1: Retos matemáticos na casa (III)