Ola nenos e nenas!
Benvidos ao novo espazo do Refórza-T do CEIP Torre-Illa. Supoño que estaredes a preguntarvos como se me ocurreu crear un blogue, non si? Pois ben... a verdade é que quería recoller todas as actividades que facemos na clase para que puidésedes velas cando quixerades. Así que aquí estamos!
Que vos parece se lembramos a tarefa de onte? Lembrades que celebramos? Veña... unha pista.
A palabra clave está composta por seis letras, das cales dúas son vogais. A primeira letra e a última son consoantes.
Estou segura de que xa sabedes de que estou a falar... estabades pensando na palabra “Muller”, verdade?
Pois así é! Onte foi o Día Internacional da Muller e a maiores de traballar sobre a biografía de Malala Yousafzai xogamos a un “Quen é quen?” e un “Memory” sobre mulleres importantes ao longo da historia.
Nel aparecían as seguintes persoas:
- Exeria (Galicia)
- Frida Kahlo (México)
- Nefertiti (Exipto)
- Marie Curie (Polonia)
- Yoko Ono (Xapón)
- Valentina Tereshkova (Rusia)
- Mata Hari (Países Baixos)
- Jane Goodall (Inglaterra)
- Jane Austen (Inglaterra)
- Coco Chanel (Francia)
Déixovos algunha foto mentres xogabades en equipos.
Vémonos a semana que ven!
Bicos e apertas
Comentarios
Publicar un comentario