Saltar ao contido principal

Día do Consumidor 2020

Ola de novo!
Unha semana máis tarde, seguimos de celebración. Neste caso co Día do Consumidor. Isto é un non parar! 

Para celebralo, adicamos a sesión á realización dunha dinámica nova: O reloxo. Os nenos e nenas debían organizarse entre todos e todas para asignar unha hora do día (da 1  ás 12)a un/uns compañeiro/os ou compañeira/as. Unha vez feito, acercábanse (na hora indicada) ao compañeiro ou compañeira co que estiveran citados para resolver os retos propostos de maneira conxunta. Para iso, contaban con varios folletos publicitarios dun supermercado no que deberían mergullarse para atopar as respostas a cada un dos retos. 

Os retos propostos foron os seguintes: 

13 hrs.-   Elabora un menú de comida saudable para vós e indica cantos euros precisaredes para facer a compra. Anota cada ingrediente co seu prezo.

     . 3º/4º - Poderiades pagar cun billete de 10 €?
      . 5º/6º - Canto tería que pagar cada comensal?

14 hrs.-   Vou mercar 1 kg de gambas cocidas e vou pagar cun billete de 20 €, canto me teñen que devolver? 

15 hrs.-   A túa cama está a piques de rachar de tanto saltar e os teus pais deciden cambiarche os mobles e a decoración de toda habitación. Se contas con 300 € de presuposto, que te comprarías?

16 hrs.-   Na portada aparece unha exquisita pizza, ideal para a nosa festa do Refórza-T. Tendo en conta o número total de alumnos e alumnas e as variedades ofertadas, cantas comprariades?  De que sabores?

17 hrs.-   Canto costaban os auriculares bluetooth? Canto custan agora? 

18 hrs.- Está no catálogo de ofertas o voso alimento favorito? Cal é? Canto custa?

19 hrs.-   Sempre é interesante fomentar o consumo responsable de produtos de orixe nacional. Poderíasme dicir cal é a procedencia das patacas?

20 hrs.-   A continuación aparecen os ingredentes necesarios para facer unha hamburguesa pataqueira:
. Kepchup
. Panecillo redondo
. Queixo fundido para burguer
Burguer de pavo e polo con espinacas

 Que cantidade comprariades para 6 persoas? Sobraría algún alimento?


21 hrs.-   Se tiveras que mercar un agasallo para alguén especial, que artigo mercariades? En que sección está? Que custo ten? 

22 hrs.-   Imos celebrar o Día da muller en familia cunha barbacoa ao aire libre. Se compramos 1140 gramos de longainza fresca de porco, cantas bandexas mercamos?

23 hrs.-   5º e 6º: na sección de xardinería gastei 9,48 € que tres plantas merquei?
3º e 4º: Na sección de xardinería gastei 7€ que dúas plantas merquei? 

00 hrs.-   Pensade nunha pregunta para os vosos compañeiros e compañeiras. 


Déixovos algún recordo dos vosos compañeiros e compañeiras.






Que ben o pasamos!
Vémonos a semana que ven.

Unha forte aperta. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Día Internacional Da Muller 2020

Semana 4-8: La playa - La Oreja de Van Gogh

Semana 27-1: Retos matemáticos na casa (III)