Saltar ao contido principal

Semana 16-20: Comics contra o COVID-19


Benvidos a todos os nenos e nenas do Refórza-T do CEIP Torre- Illa! 
Que tal estades? Como pasastes a semana?
Fai unhas semanas comecei este blogue coa intención de recoller todas as tarefas realizadas con vós, mais como temos que quedar na casa durante uns días, imos utilizalo para seguir aprendendo a distancia, parécevos? Estarei encantada de saber noticias de vós e ver as vosas producións.

Imos coa tarefa desta semana! Teredes que ver o vídeo que vos poño a continuación para saber máis sobre o Coronavirus e o motivo polo que non podemos estar no cole. Premede enriba de "vídeo do coronavirus".





Cando rematedes, realizaredes un comic que teña como tema principal a este virus. Pode ser a historia dun neno que enferma de coronavirus, un comic que trate sobre a vida dunha familia na casa, a viaxe dunha nena enferma... ou o que se vos ocorra. Estou segura de que conseguiredes grandes contos!

Déixovos unha plantilla para que vos resulte máis doado. Non é obrigatorio imprimila, podédela facer vós coa distribución que queirades nunca folla que teñades en casa. 



Non vos esquezades de colorear os debuxos e de envialos ao meu correo. Estou desexando velos! 


Escribídeme un correo se tendes algunha dúbida.
Unha forte aperta e moitos folgos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Día Internacional Da Muller 2020

Semana 4-8: La playa - La Oreja de Van Gogh

Semana 27-1: Retos matemáticos na casa (III)